O vindeiro domingo día 24 de marzo ás 18:00h proxectaremos no Local Central da A.V. de Seixalbo o documetal de Isabel Salgado titulado Podrías ser ella.
Sinopse:
Podrías ser Ella é un documental que combina unha historia de ficción dunha muller maltratada con entrevistas a grupos de música cuxa peculiaridade é que todos eles teñen cancións contra a violencia á muller. Unha guitarra é o fío conductor desta historia, presente todo momento nas entrevistas e na ficción. Os grupos que deron a súa visión sobre o tema dos malos tratos, manifestando o seu rexeitamento foron: Alioth, Barricada, Boikot, Def con Dos, Kepa Junkera, Konflikto, Mago de Oz, La Mala Rodríguez, La Sombra, Los Cucas, Lujuria, Porretas, Reincidentes,Ska-P e Yosi dos Suaves. Eles dan a coñecer a visión que teñen os grupos sobre esta lacra social, como naceu a idea da canción, que medidas tomarían contra a violencia cara a muller, como entenden que a música pode ser unha arma de educación social… Algúns deles interpretan en directo o seu tema coa guitarra.
A ficción conta a historia dunha muller menor de 40 anos, cun nivel de estudos moi elevado. Ela é catedrática de universidade, e de alto poder adquisitivo, que sofre malos tratos por parte do seu marido, un empresario máis vello ca ela. Esta ficción plantexa dous finais alternativos. Un, no que Ela inevitablemente morre e outro, apoiado polos testimonios dos grupos, que a leva a denunciar e ensina que outro final é posible, comezando unha nova vida. O actor protagonista da historia de ficción é Aitor Mazo.
A través destas entrevistas e da historia de ficción, preténdese denunciar este tipo de violencia contra a muller e fomentar a tolerancia cero con estes comportamentos porque cualquiera de nós podería se Ela
Etiquetas: documentais