Quenes somos?

 

Somos un grupo de rapazas e rapaces de Ourense, maioritariamente de Seixalbo, onde está sita a asociación.


Antes deste verán comezamos a facer as nosas primeiras reunións cunha idea na cabeza: facer unha asociación cultural co obxectivo de conservar e promover a lingua e a cultura galegas, pois estes son o maior patrimonio que Galiza tén. 

Pero non queremos que esta sexa unha asociación máis. Queremos que sexa unha asociación feita por e para a mocidade, aínda que non exclusivamente, temos as portas abertas a calquera persoa de calquera idade que, coma nós, sinta a necesidade de defender e promover o galego e Galiza. 

Con esta idea na cabeza comezamos a traballar a finais da primavera do 2012 para constiuírmonos como asociación. Tras definir os obxectivos, o nome, o emprazamento e demais aspectos fundamentais, o 23 de xuño do 2012 tivo lugar o nacemento da Asociación Cultural Xuvenil As Canella.

E aquí nos atopamos agora: sacando adiante este proxecto que esperamos que vos guste e vos ilusione durante moitos anos.

Un saúdo con moita ilusión e ganas de traballar,

A xunta directiva da Asociación Cultural Xuvenil As Canellas

Formulario de contacto

Tódolos campos son obrigatorios

Onde estamos?

Rúa Abelardo Arce Mayora, 24
32970 - Seixalbo, Ourense