I Concurso de Relato Curto  “As Canellas” 2013
 

Inicio do concurso: 15 de Marzo de 2013  

   Fin do concurso: 15 de Abril de 2013


1. Poderán participar no I Concurso de Relato Curto “As Canellas 2013” todas aquelas persoas, a partires dos 12 anos de idade.

2. As obras terán que ser orixinais e inéditas, deberán estar escritas en galego e ter unha extensión de  3 a 8 páxinas, mecanografadas a dobre espazo cunha fonte de tipografía Arial, de tamaño 12

3. A temática da obra será sobre a lenda popular da Santa Compaña.

4a. Os orixinais deberán enviarse por duplicado, debidamente encadernados ou grampados e metidos nun sobre tamaño folio, á Asociación “As Canellas” (Rúa Abelardo Arce Mayora ,Nº24, Seixalbo-Ourense), facendo constar na cara do sobre que concorren ó I Concurso de Relato Curto “As Canellas” 2013 e a categoría a que se presenta. Cada orixinal deberá ir identificada co pseudonimo e título do relato. Ademais, con cada obra deberase incluír outro sobre pechado cunha folla cos datos persoais (nome e apelidos, DNI, dirección, correo electrónico, teléfonos de contacto e idade),(Os menores de idade deben levar unha folla asinada da nai/pai ou titor) e a frase “Lin integramente as bases da convocatoria do I Concurso de Relato Curto “As Canellas” 2013 e acéptoas na súa totalidade.

4b. Existirá un segundo método para o envío dos relatos. O orixinal poderá depositarse en calquera das localizacións detalladas no punto 16 das presentes bases.

5. Cada participante só poderá presentar un único relato .

6. “As Canellas” non manterá correspondencia nin comunicación algunha sobre os relatos, a marcha do concurso, a clasificación nin a recepción de orixinais máis alá do mencionado acuse de recibo.

7. O prazo de presentación das obras finaliza ás 24 horas do 15 de abril de 2013 . Admitiranse sobres que cheguen máis tarde, sempre que o caribo sexa o da data anterior.

8. A decisión do comité organizador será inapelable e farase pública a primeiros de maio  de 2013.

9.O concurso terá dúas categorías, unha xuvenil, para autores de entre 12 e 17 anos, e outra adulta para autores maiores de 18 anos.

10.  O comité organizador outorgará 1 premio de unha Tablet ao autor do  relato gañador da categoría adulta,e un vale por un valor de 25 € a canxear en La Region Centro Comercial Paseo ao segundo.

Na categoría xuvenil os premios serán 1 Tablet para o gañador  e un lote de libros por cortesía de La Región ao segundo.

11. Os autores dos relatos autorizan á organización a emprega o seu nome, imaxe e obra en aqueles actos que se consideren axeitados.

12. A participación no certame implica a aceptación por parte dos autores do dereito exclusivo de efectuar unha edición das obras seleccionadas. Os autores ceden os dereitos das súas obras á organización.

13.Deberá haber un mínimo de 10 obras por categoría.

14. A participación neste certame implica de forma automática a plena e total aceptación das presentes bases. Para calquera diferenza que houbese de ser dirimida por vía xudicial, as partes renuncian ó propio foro e sométense expresamente ós xulgados e tribunais de Ourense.

15.O xurado será nomeado pola Asociación Cultural Xuvenil As Canellas e estará composto por :

Miguel Doval( Presidente da asociacion: Anacos da cidade Ourense)

Monica Fernandez(PRINK OURENSE)

Xulia de La Vega( Profesora de Galego da Universidade Laboral-Ourense)

Rosa Cid ( Profesora de Ciencias da Universidade Laboral-Ourense)

Mª Devesa  Carbajales(Concelleira de Xuventude do Concello de Ourense)

16.Establecementos e locales donde se poden entregar os relatos :

  • PRINK OURENSE: Avenida da Habana, 2 - Tel: 988 611 947 (Ourense)
  • MATIZ INSTRUMENTOS MUSICAIS: Avda. de Zamora, 49 - Tel: 988 246 176 (Ourense)
  • LOCAL ASOCIACION VECIÑOS SEIXALBO: Rúa Abelardo Arce Mayora,  24 (Seixalbo, Ourense)
  • ORIXE PUBLICIDADE: Rúa Francisco de Moure, 20 - Tel: 988 607 075 (Ourense)
  • CAFÉ CULTURAL AURIENSE: Pza. do Correxidor, 11 - 988 222 536(Ourense)
  • CONCELLERIA DE XUVENTUDE DO CONCELLO DE OURENSE: Pza San Martiño, 2,baixo - 988388154(Ourense)
  • LIBRERIA A SOLAINA: Praza Maior 7,(Seixalbo,Ourense)

Formulario de contacto

Tódolos campos son obrigatorios

Onde estamos?

Rúa Abelardo Arce Mayora, 24
32970 - Seixalbo, Ourense